Xuventude Comunista do Pobo Galego

Quen somos?

A Xuventude Comunista dos Pobos de España (XCPE) é a organización xuvenil do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

Somos a expresión xuvenil do proxecto revolucionario do PCPE, traballamos por organizar a xuventude de extracción obreira e popular, por traducir cada reivindicación da xuventude traballadora nunha confrontación política contra o sistema capitalista, participando en todos os espazos da loita xuvenil sen perder de vista a nosa finalidade última: a construción do socialismo-comunismo no Estado español.

Desde a nosa primeira Conferencia propuxémonos aglutinar todos os sectores xuvenís de extracción obreira e popular que non encontran saída baixo este sistema e que decidiron organizarse para construir unha sociedade nova, que realmente ofrezca oportunidades e perspectivas de futuro.

Para iso, somos unha Xuventude ligada e inserta na organicidade do seu Partido e que asume a tarefa de reforzalo. Así mesmo, referéndase unha xuventude que traballa en calquera lugar onde o capitalismo expresa a súa opresión e miseria, sen esquecer nunca o papel central que xoga o movemento obreiro.

É tempo de loita. Únete.